Ribeira abre o prazo para presentar ofertas á mellora da fachada da UAD

11 Xuño 2020

O Concello de Ribeira vén de abrir o prazo para a presentación de ofertas en relación ás obras de acondicionamento e mellora da envolvente exterior do edificio da UAD. As empresas interesadas dispoñen ata o 6 de xullo á media noite, formulando as súas propostas a través do Sistema de Licitación Electrónica de Galicia (SILEX). A actuación ten un orzamento de licitación de 420.000 euros, IVE incluído, e está subvencionada mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira.

O Goberno local lembra que a edificación actual ten unha antigüidade de corenta anos (1978-1980) e, aínda que o seu estado de conservación é aceptábel, “precisa dunha posta a punto no referente á envolvente térmica”. Segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto municipal, a obra consta das seguintes accións:

• Cuberta: substitución por outra con tella cerámica ademais de illamento térmico baixo a cuberta.

• Fachada: arranxo de patoloxías nos balcóns e beirados existentes, a base dun tratamento e de reparación de fendas; así como o revestimento exterior cun sistema SATE en toda a fachada para a mellora das condicións térmicas do edificio.

• Carpintería exterior: substitución por unha nova carpintería de aluminio.

• Implantación dun ascensor panorámico e reforma e ampliación do vestíbulo da entrada.

O prazo de execución é de catro meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.