“Yolanda de Sarria”. Xulio Xiz

27 Agosto 2026


 Yolanda Díaz Gallego, Yolanda de Sarria, 92 anos, é historia viva de Galicia e da galeguidade no Uruguay. Vive entre Sarria e Barcelona, e posúe unha enerxía moza que emociona e que conquista. Ela e Palmira, súa irmá – sólida formación, seriedade e traballo – emigraron ao Uruguai, para elas segunda patria.
Yolanda reinou – única muller nun mundo de homes – no Banco de Galicia de Montevideo, onde foi secretaria xeral. Sería este feito abondo para considerala abandeirada do feminismo laboral, pero o que a fixo  especial foi a súa actividade galeguista, eminentemente cultural, no Patronato de Cultura de Montevideo, onde durante 21 anos organizou actos, escribiu e dirixiu teatro, interveu na radio, e foi protagonista da traida a Galicia en tempos difíciles nunha e noutra beira, do busto de Castelao que o Patronato donou á cidade de Rianxo. Volta a España foi durante moitos anos presidenta de O Penedo, destacada entidade cultural dos galegos en Cataluña.
 Durante o Covid, fixo memoria dos seus anos no Uruguai, e publicou “Decidín desvelar o proceso”, para deixar constancia para a historia do singular labor galeguista en Montevideo, luminoso facho para Galicia en tempos nos que aquí estaba todo por facer. 
Agora Yolanda publica tres obras de teatro galegas e en galego, que ven de presentar en Sarria, e logo seguirán en diversos pobos da comarca, Samos o primeiro, escritas hai tempo de xeito anónimo en Barcelona con toda a experiencia da emigración, e que agora ven a luz facendo xustiza á súa autora.
Segue a ferver de actividade esta especial embaixadora sarriá, galega consciente e fervorosa que ama este país e debece por esta terra.
—
Xulio Xiz

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.