O Concello de Ribeira felicita ao culturista José Enrique Vázquez Carreira polos seus importantes logros recentes

27 Agosto 2026

O Concello de Ribeira segue recibindo aos seus deportistas polos logros nas distintas disciplinas. Así, a alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron ao culturista José Enrique Vázquez Carreira trala súa participación durante este ano no Campionato de Europa IFBB-Santa
Susana Barcelona e no Wakanda NPC-Madrid. O ribeirense proclamouse en Barcelona campión europeo de en culturismos -75 kg e quinto posto en Classic Bodybuilding. No que respecta á proba en Madrid, converteuse en campión Wakanda de culturismo -80 kg.

No seu palmarés deportivo tamén se atopan outros títulos como subcampión na categoría culturismo -70 kg no Campionato Galego IFBB-Lalín, no 2021; gañador en culturismo -70 kg e gañador do absoluto no Campionato Galego IFBB-Vilalba; bronce en culturismo – 80 kg no Arnold Classic IFBB-Madrid; quinto do mundo en culturismo -70 kg e quinto do mundo en Classic Bodybuilding no Mundial IFBB- Santa Susana Barcelona; e campión nacional en culturismo -70 kg e subcampión nacional en Classic Bodybuilding no Campionato Nacional IFBB-Ávila. Estes últimos celebráronse todos eles no 2023.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.