
Os e as activistas medioambientais de Amicos despediron o proxecto Comprométete cos ODS, un proxecto no que máis de 260 escolares se achegaron neste 2026 aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel da man da entidade. En concreto, 266 escolares e 35 persoas adultas participaron nas 10 accións desenvolvidas no marco desta iniciativa, que combina educación ambiental, participación e acción directa sobre a contorna.
Durante as actividades, as persoas participantes coñeceron diferentes ODS relacionados coa protección do planeta, como o ODS 13, Acción polo
clima; o ODS 14, Vida submarina, ou o ODS 15, Vida de ecosistemas terrestres.
As sesións incluíron tamén accións de recollida de residuos mariños, que permitiron retirar 62,18 quilos de lixo da contorna.
O proxecto busca achegar a sustentabilidade á cidadanía dun xeito práctico, facilitando que as persoas participantes non só coñezan os retos ambientais, senón que tamén se impliquen directamente no seu coidado.

Inclusión e compromiso ambiental
Comprométete cos ODS tamén pon en valor o papel das persoas con discapacidade como axentes activos no coidado do medio ambiente. A través dos activistas medioambientais de Amicos, a entidade promove a súa participación en accións de sensibilización, conservación e protección do territorio.
O proxecto está impulsado por Amicos no marco do VI Plan Social Pontevedra 2026 e concluirá tras mobilizar a case 300 persoas escolares e adultos, consolidando a educación ambiental participación cidadá como ferramentas para avanzar cara a sociedade máis sostible e inclusiva.




