No Son, aprazada ao 3 de setembro a excursión ao Complexo Acuático de Monterrei

25 Agosto 2026

Por mor das previsións meteorolóxicas adversas destes últimos días de agosto, o Concello do Porto do Son decidiu aprazar a excursión ao Complexo Acuático de Monterrei para o xoves 3 de setembro. Dende o Concello solicitan que as persoas inscritas confirmen no correo omix@portodoson.gal ou ben no teléfono 981767589 que poden asistir na nova data. Neste momento as prazas están completas. A saída será ás 9.30 horas dende a fachada marítima do Son. O regreso está fixado para as 21.30 horas.

O Complexo Acuático de Monterrei (tamén coñecido como parque acuático de Monterrei) atópase na localidade de A Derrasa, no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense), a uns 10 minutos da cidade de Ourense.

Este espazo lúdico e deportivo sufriu unha gran transformación e ampliación, consolidándose como o parque acuático máis moderno de Galicia grazas á estrea de novas atraccións como un río lento, tobogáns kamikaze e de tubo pechado, e unha zona multiaventura

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.