Volven a Outes este outono os roteiros de “Coñece o noso patrimonio”

25 Agosto 2026

O Concello de Outes achega co comezo de setembro e o inicio do curso unha nova edición do programa de rutas Coñece o noso patrimonio. Trátase dun ciclo de itinerarios culturais para desvelar, este outono, os tesouros ambientais, paisaxísticos e patrimoniais de Outes.

Coma nas edicións anteriores, as inscricións, que son obrigatorias, abriranse o luns previo a cada andaina e para inscribirse hai que cubrir o formulario que atoparemos escaneando o código QR do cartel ou na páxina web municipal.

O programa comeza o 6 de setembro co roteiro Paseo mar e monte en San Cosme, de 9 quilómetros de percorrido e con saída da Igrexa de San Cosme de Outeiro.

A axenda prosegue o 20 de setembro con De San Tirso á catedral da electricidade, con saída da Igrexa de San Tirso e con 8 quilómetros de distancia.

A terceira ruta será o 4 de outubro e trátase de Visita ás capelas e Castro de Santo Ourente, con saída da Igrexa de Santo Ourente e cunha distancia de 8 quilómetros.

O 25 de outubro celebrarase o roteiro A Santa Lucía por Entíns, con saída da Igrexa de Entíns e con 6,5 quilómetros de percorrido.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.