O Concello de Ribeira acomete a pavimentación do aparcamento do IES Leliadoura

21 Agosto 2026

Ribeira inviste máis de 14.000 euros en pavimentar o aparcadoiro do IES Leliadoura.Os traballos sobre unha superficie de 650 metros cadrados culminarán co pintado das prazas antes do inicio do curso escolar.

O Concello de Ribeira iniciou as obras de pavimentación e mellora no aparcadoiro do IES Leliadoura co obxectivo de que as instalacións estean a punto para o comezo do novo curso lectivo, evitando así interferir na rutina da comunidade educativa.

A actuación dispón dun orzamento de 14.206,01 euros (IVE incluído) e está a ser executada pola empresa Nemesio Ordóñez, S.A.

Os traballos comprenden:

  • Fresado e aglomerado dunha superficie total de 650 metros cadrados.
  • Pintado e sinalización horizontal das prazas de estacionamento e accesos nas vindeiras datas para regular o tráfico de forma axeitada.
Instituto IES Leliadoura

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.