Ribeira habilita unha zona de aparcamento na contorna da praia do Prado

18 Agosto 2026

Esta área estará operativa no que resta de agosto e todo o mes de setembro

O Concello de Ribeira habilita unha zona de aparcamento na contorna da praia do Prado  Esta área estará operativa no que resta de agosto e todo o mes de setembro Ribeira, 18 de agosto de 2026.- O Concello de Ribeira rubricou nestes días un contrato cun particular que lle cede o uso gratuíto dunha parcela para destinala a aparcamento municipal na contorna da praia do Prado, na parroquia de Corrubedo. Trátase dunha área de máis de 2.000 metros cadrados habilitada para o estacionamento de vehículos no que resta de agosto e todo o mes de setembro. Súmase así á xa existente a carón da estrada con dirección ao faro, nunha parroquia que aumenta considerablemente a súa poboación durante o verán e onde, en consecuencia, se incrementa a presenza de vehículos. Mediante a sinatura deste contrato, a Administración local ribeirense asume o acondicionamento da finca; labores que xa rematan hoxe, polo que o servizo estará operativo nesta mesma tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.