“Soldados contra o lume no Barbanza”. Antón Luaces

18 Agosto 2026

Ata o vindeiro mes de outubro, unha decena de patrullas da Brigada Galicia VII (Brilat), unidade de infantaría lixeira do Exército de Terra de España, creada en 1966 como Brigada de Infantería Aerotransportable, váise encargar de patrullar a serra do Barbanza, tarefa que xa comezou o pasado 4 de agosto e que terá continuidade durante as 24  horas de cada día co obxectivo de evitar – cando non de reducir – os incendiis foredtauis que cada ano afectan aos montes de Galicia. 

O comezo desta actividade vixiante cadra coa saída dun dos grupos da UME (Unidade Militar de Emerxencias) de Niebla (Huelva) en medio do agarimo e recoñecemento da poboación onubense que tanto estimaron a presenza nas áreas queimadas desta unidade militar  despedida co ondear de bandeiras españolas, os aplausos e os berros de agradecemento das persoas que se viron na obriga de abandonar os seus domicilios por mor do lume desatado nos montes da comarca e que en non poucos casos lambeu as paredes das casas.

A eclipse de Sol rexistrada o pasado día 12 foi a ocasión para que o Terzo Norte Tenor de Infantaría se despregara no Escuadrón de Vixilancia Aérea (EVA 10) cinco días antes de que, de xeito cotián, o fixese ata o de agora. As súas patrullas estás formadas co obxectivo de controlar 750 quilómetros cadrados de monte entre Boiro e a serra. Parten diariamente do EVA 10, as instalacións que o Exército do Aire están situadas a preto de 700 metros de altura. Desde aquí, a Brilat pode controlar prácticamente a totalidade da península do Barbanza, a ría de Arousa e a ladeira sur do monte Tremupo, á outra banda da ría de Muros-Noia. A Brilat vixía os v akes con cámaras de visión nocturna e visores de longa distancia, segundo informou La Voz de Galicia, cun alcance de ata dez quilómetros. Tamén dispón de drons que controlan outras patrullas desde ubicacións descoñecidas que colaboran con vixiancia de monte máis eficazmente. 

A súa misión é, básicamente, disuadir aos incediarios coa súa presencia e dar conta de calquera evidencia que se produza.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.