A Xunta colaborará co Concello de Outes para mellorar o Centro de Día e a Escola Infantil

12 Agosto 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Outes, Francisco Calo, asinaron os convenios de colaboración para que o concello poida executar as obras de mellora no Centro de Día e na Escola Infantil.

A Xunta destina máis de 48.000 euros para que o Concello de Outes realice diversas actuacións no interior do Centro de Día. Algunhas das melloras contempladas son o pintado das paredes, instalación de novos pavimentos ou a renovación das proteccións da escaleira. Fabiola García lembrou que o pasado ano o Goberno galego tamén financiou obras neste recurso público que ascenderon a 20.000 euros.

A maiores, a conselleira e o alcalde asinaron outro convenio para realizar obras na Escola Infantil Municipal neste período non lectivo. As actuacións ascenden a preto de 13.000 euros e permitirán mellorar o acceso exterior ao centro, cambiando a localización da entrada e reformando o pavimento. O obxectivo, segundo explicou Fabiola García, é favorecer a comodidade das familias e ofrecer un espazo seguro e accesíbel

Fabiola García recalcou que “estes investimentos forman parte do compromiso da Xunta para ofrecer ás familias equipamentos adecuados e adaptados ás súas necesidades”. Ademais, lembrou que “será o Concello o encargado de executar e facer seguimento das obras en ambos centros”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.