“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

08 Agosto 2026

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputado
galego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man no
peito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon. Entendérono os
representantes dos distintos grupos parlamentarios, os representantes das múltiples institucións,
asociacións e confrarías; os de dereitas, os de esquerdas e os de “todo vale”. Tanto foi así, como
contamos, que os universitarios abriron liñas de investigación para pescudar que era o que pasou e
para interpretar o acontecido.
Moitos dos protagonistas daquel momento poderían explicar que é o que está pasando na
actualidade, nestes tempos, cando a cidadanía e as autoridades tratan igual aos xabarís que aos
veciños que se achegan na procura de pan, aínda que sexa seco. Que estará pasando no mundo para
que haxa un nivel de deshumanización tan enorme? Onde estarán metidos os defensores da
solidariedade internacional, da igualdade e dos dereitos humanos?
As persoas responsables de vixiar o cumprimento das normas, as que dirixen gobernos, controlan
espías, embaixadas, fronteiras, negocios, comercios, estradas, aramados, reixas e pasos, están
extasiadas ou embelesadas por mor da calor deste tempo tan caloroso.
Armando de Cotobade, alí, na taberna, dicíao moi claro: “que esperten, aínda que lles doa!. Se polos
mecanismos oficiais ou polos seus propios medios, non saben o que pasa, que acendan a radio e
que, ao amencer, lean algún dos xornais de Galicia”. Todo está escrito e falado, pero non sabemos, a
cidadanía non sabe cal é o motivo, a razón ou a sen razón do ocorrido.
Moitos queren atribuír o desdén á cor da pel da xente. Outros moitos saben que iso ten unha
importancia pequena e moi menor, comparada coa dor e sufrimento de tantas persoas enganadas,
dun lado e do outro da fronteira, que ben parece continuar escangallada, esbandallada de esquina a
esquina. Física e moralmente esmendrellada.
A Tía Manuela, como di Antonio Muñoz Molina, en referencia ao xornalista Manuel Chaves Nogales,
sitúase sempre ao lado das persoas que sofren, desprezando ao compadreo daqueles que acubillan
a mentira e, se lles convén, fabrican noticias falsas detrás do seu manto de poder.

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.