Esta semana quedará rematada a sinalización das 52 etapas do Camiño do Litoral de Galicia

03 Agosto 2026

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, avanzou este luns 3 de agosto que ao longo desta semana está previsto que queden integramente rematados os traballos de sinalización do Camiño do Litoral de Galicia, unha ruta con 52 etapas que vertebra a comunidade de norte a sur a través dun percorrido de máis de 1.370 quilómetros pola costa.

Durante unha visita a un dos tramos sinalizados ao seu paso polo concello de Soutomaior, a responsable autonómica explicou que xa están instalados 79 paneis informativos dotados con código QR para que o usuario poida obter máis datos sobre unha zona concreta ou a ruta en xeral e que se continúa avanzando na colocación do resto de sinais e elementos deseñados para identificar as diferentes etapas do trazado.

Cun orzamento duns 200.000 euros, os traballos que ultima o departamento autonómico inclúen tamén a colocación de 249 elementos de pequena sinalización, que permitirán seguir o itinerario de forma continua; 25 sinais direccionais, que reforzarán a orientación nos principais cruces e cambios de dirección; e 5 elementos especiais de sinalización, instalados en puntos singulares para mellorar a seguridade e a continuidade do itinerario.

A conselleira engadiu que “unha vez completada a instalación dos paneis informativos nos 78 concellos polos que discorre o Camiño do Litoral, este verán xa se poderá percorrer Galicia, desde Ribadeo ata A Guarda, a través dunha única ruta para peóns e ciclistas, deseñada para conectar os camiños costeiros xa existentes e que inclúe, ademais, dúas variantes fluviais nos ríos Miño e Ulla”.

Tamén puxo en valor que o obxectivo principal do seu departamento ao promover esta actuación é “ofrecer a cidadáns e visitantes outra forma de descubrir Galicia”, ao tempo que contribúe a fomentar un turismo sostible e desestacionalizado que permita explorar a comunidade tanto en xaneiro como en pleno mes de agosto.

Así mesmo, Ángeles Vázquez tamén explicou que ademais da nova identidade gráfica e visual deseñada para identificar de forma uniforme todo o Camiño do Litoral e integrada coa paisaxe mediante materiais sostíbeis e de baixo impacto, o seu departamento desenvolveu unha aplicación específica para móbil (dispoñíbel para descarga desde o pasado 1 de xullo, en versión para iOS e Android) que inclúe todas as etapas do itinerario, información sobre os elementos recollidos no Catálogo de bens de valor cultural no litoral e outros datos de interese sobre o patrimonio natural característico da contorna.

En total, a Xunta mobilizou un investimento de máis de 1,5 millóns de euros para facer realidade o Camiño do Litoral, abranguendo todas as fases do proxecto, desde a definición do trazado ata a súa posta en servizo, incluída a identidade visual, a sinalización, a aplicación móbil e as actuacións e traballos previstos para a mellora do trazado, o reforzo da seguridade e a limpeza de fincas, que se seguirán desenvolvendo nos próximos meses.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.