Tralos días de incerteza no tempo, Galicia prepárase para vivir este sábado un progresivo retorno á estabilidade atmosférica. O dominio das altas presións volverá ser o protagonista da xornada, devolvendo a luz e o ambiente despexado á maior parte do territorio, aínda que coas súas habituais matizacións xeográficas.
A mañá espertará con perezosos bancos de néboa e nubes baixas ocupando os vales e zonas do interior. Porén, este halo de bruma inicial irá desvanecéndose co paso das horas ao ritmo que impón o sol, dando paso a ceos moi abertos onde só algunhas nubes altas decorarán o horizonte sen maior consecuencia.
No tocante aos termómetros, a xornada deixará poucas novidades ao amencer, con temperaturas mínimas sen cambios significativos. Iso si, a medida que o sol vaia gañando terreo, as máximas experimentarán un lixeiro e agradaxeis ascenso, marcando unha xornada ideal para gozar do aire libre en case toda a xeografía galega.(máximas dde 28 a 30 graos).

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 1 a 3 á tarde. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.



