Santiago pecha a billa: o Concello impón severas restricións de auga ante o baixo nivel das reservas

30 Xullo 2026

A seca e a precaria situación das reservas hídricas no río Tambre puxeron a Santiago de Compostela nunha situación límite. Ante este escenario crítico, a alcaldesa Goretti Sanmartín (BNG) vén de activar un bando municipal con medidas drásticas de aforro, cuxo obxectivo principal é claro: «garantir o abastecemento de auga potable para o consumo humano e os usos esenciais».

A rexedora compostelá fixo un chamamento directo á colaboración veciñal, pero a situación xa non admite só boas intencións. O novo bando establece unha serie de prohibicións de obrigado cumprimento que afectan de cheo á rutina diaria da capital galega:

  • Piscinas privadas: Queda rotundamente prohibido o cheo, xa sexa total ou parcial, de calquera piscina privada.
  • Lavado de vehículos: Prohíbese lavar coches utilizando auga da rede municipal. A única excepción serán os negocios profesionais que posúan a licenza correspondente para desenvolver esta actividade.
  • Rego de xardíns e hortas: Supéndese o rego de xardíns, zonas verdes, espazos ornamentais e hortas particulares (non profesionais). Solo se permitirá o rego se se emprega auga que non proceda da rede pública ou nos casos estrictamente meirandes en que sexa imprescindible para evitar a morte de árbores e plantas.
  • Fontes ornamentais: Deberán pecharse todas aquelas fontes públicas que consuman auga potable de forma continua. Únicamente poderán seguir funcionando as que conten cun sistema pechado de recirculación.

Máis alá do réxime sancionador e das prohibicións estritas, dende o Concello instase á cidadanía e ao sector comercial a adoptar hábitos de aforro no ámbito doméstico e empresarial. «A colaboración de toda a veciñanza é fundamental para preservar un recurso esencial como é a auga e garantir a súa subministración a toda a poboación», subliñou Sanmartín.

Estas restricións sen precedentes recentes na cidade estarán vixentes ata novo aviso e a súa continuidade dependerá de como evolucionen os caudais e as reservas no Tambre durante as vindeiras semanas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.