CRÓNICAS RIBEIRENSES: “Unha piña seca e cen piñóns voadores”. Antón Luaces

29 Xullo 2026

Digamos que se chamaba Manolo. Ou Pepe. Talvez Moncho. Tanto me da. Máis seica vivía pola Barreira. Cecais en Fondevila ou Deán Grande. 

O seu traballo cotián era o que polo Ortegal denominan caroceiro (apañador de carozas, é dicir piñas, froito do pino) e todo deus o coñecía polo alcume: “Orco”. Manolo, Pepe ou Moncho o “Orco”.

Tiña un caxato que empregaba nos seus desprazamentos Ribeira adiante co seu cargamento de piñas metidas nun saco que levaba ao lombo e do que penduraba un bicheiro que lle servía para non ter que agatuñar os pinos coa fin de se facer coas piñas máis secas. Destas saían revoando os piñóns nunha incríble imitación dos rotores dos helicópteros e que, na actualidade, son os causantes da expansión dos incendios forestais porque, afirman os bombeiros expertos, o lume fai que as piñas (carozas) se “disparen” a metros de distancia levando consigo a posíbel extensión da terra queimada.  

Lembro a case simiesca figura do “Orco” no piñeiral de Martín “voando” co bicheiro enganchado á pónla dun pino, o mesmo que facía polo Touro con parada de volta na tenda-taberna da señora Oliva, a carón do antigo lavadoiro de Bandaurrío.

O “Orco” impoñía pola súa forte complexión, o seu mínimo vocabulario e a impresionante man que abría para recibir o importe ou valor das piñas que vendía ás mulleres para estas acender o lume das cociñas “bilbaínas”. Un valor que se medía en reás (25 céntimos) e pesetas. 

A cativería non se achegaba ao “Orco”. Había medo. Moito.  Andrés “O Caxado” dixo un día que o “Orco” era coma “Cuasimodo”, o chepudo de Notre Dame, a novela de Víctor Hugo. Mais non vivía nunha catedral e as campás da igrexa de Ribeira só as tanxía Albino, sancristán e mestre campaneiro que repenicaba como ninguén o facía na redonda.

O “Orco” foi unha figura moi peculiar na Ribeira dos anos 50 que deixou de verse nos piñeirais vai máis de 60 anos. 

…

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.