Corrubedo continúa celebrando o seu mercado ambulante semanal

25 Xullo 2026

A parroquia ribeirense de Corrubedo celebra por terceiro ano consecutivo o seu mercado ambulante semanal; unha medida que se pon en marcha durante o verán para dinamizar a vila e a súa contorna social e economicamente.

Esta feira desenvólvese cada venres, de 08.00 a 15.00 horas, nas proximidades do porto, no período comprendido entre finais de xuño e principios de setembro. Uns 11 postos integran este mercado, onde se pode atopar alimentación, téxtil, calzado ou complementos, entre outros.

Ata o lugar desprazouse onte o concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, quen destaca este tipo de iniciativas “para achegar tamén as feiras ás nosas parroquias. Esta medida aplicouse en todas aquelas que amosaron interese e nas que funcionaron as vendas como son Corrubedo e Aguiño. Damos así resposta a esta demanda veciñal durante a época estival”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.