O Lirio de Ribeira trunfa no litoral de Coroso: mil racións ao estilo ‘fish&chips’ voan en dúas horas

24 Xullo 2026

A iniciativa da OPP83 converteuse nun gran escaparate gastronómico para achegar ás novas xeracións este peixe branco de calidade garantida.

A cidade de Ribeira volveu demostrar este venres o seu potencial gastronómico e o seu vínculo indisolúble co mar. A OPP83 Cooperativa Gallega del Mar Santa Eugenia triunfou de pleno na súa aposta por fomentar o consumo de peixe local entre a poboación ao repartir 1.000 racións gratuítas de Lirio de Ribeira preparadas ao máis puro estilo fish&chips, que se esgotaron en menos de dúas horas diante dun público entusiasta.

O punto de encontro situouse nas inmediacións do Centro de Deportes de Raqueta Santa Uxía, xusto fronte á praia de Coroso. Alí, o catering Chicolino encargouse de transformar este peixe branco nunha proposta crocante e atractiva que encandilou a centos de veciños e visitantes. Para completar a xornada, os asistentes recibiron pai-pais explicativos coa receita do prato e neveiras de praia de agasallo para combater a calor do verán.

Innovación para seducir á mocidade

O éxito da convocatoria superou as expectativas da propia organización. A xerente da OPP83, María José Casais, amosouse moi satisfeita coa resposta obtida e subliñou o obxectivo central desta campaña de promoción.

Ao acto de apertura asistiron representantes institucionais como o subdirector xeral de Valorización de Mercados da Xunta, Julio César García Varela, que salientou a importancia de «poñer en valor a calidade do sector pesqueiro directamente no consumidor»; o concelleiro do Mar de Ribeira, Fernando Abraldes, quen destacou o orgullo mariñeiro da localidade; a xefa do Distrito Marítimo, Leire Blanco, e o presidente da Cofradía da Dorna, Álex Nespereira.

Un peixe de marca con frescura récord

A marca Lirio de Ribeira, recoñecida desde o ano 2022, garante un produto de extraordinaria calidade grazas a unha loxística e manexo rigorosos: dende que o peixe se pesca no barco ata a súa chegada a porto transcorren menos de 7 horas, asegurando unha frescura e trazabilidade óptimas.

Esta degustación encádrase no Plan de Produción e Comercialización (PPeC 2026) da OPP83, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o fondo europeo FEMPA, coa meta de abrir novos hábitos de consumo e consolidar este peixe de marca nas mesas galegas.

Outros artigos

As farmacias de Noia súmanse á campaña de Noia polo 25N

As farmacias de Noia sumáronse estes días á campaña Noia di NON á violencia de xénero, encadrada na axenda do CIM e o Concello de Noia para celebrar e visibilizar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, este 25 de novembro. Segundo...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.