“Unha patroa que exerce na habilitación e a ponte do barco” – Antón Luaces

18 Xullo 2026

Penso que non existe unha patroa ou patrón que esperte tanta devoción entre os mariñeiros galegos como a Virxe do Carme. E, sen embargo, na maior parte dos portos galegos non se lle tributa a homenaxe que lle corresponde debido a que na maioría das celebracións do Día do Carme, a data foi trasladada á semana das festas populares, sendo Ribeira e A Pobra unha boa proba do que afirmo.

Son moitos os mariñeiros que conservan o costume de non traballar o 16 de xullo, secularmente de celebración da patroa do mar, malia que sexa esa unha data que non consta como de descanso a efectos laborables. Si o é, sen embargo, nas festas patronais, con procesión marítima incluída e na que participan centos de visitantes que embarcan máis co desexo de experimentar a sensación de “navegar” durante máis ou menos unha hora que pola relixiosidade que ese feito esperta. É evidente na procesión previa á marítima polas rúas das vilas e cidades, na que a presencia masculina é tan só testemuñal cando, en anos anteriores os homes portaban a imaxe da Virxe do Carme e as mulleres -en número inmensamente maior- levaban os cirios de acompañamento procesional deixando no asfalto o testemuño da reverencia.

Vai uns anos, e por mor dun accidente ocorrido a bordo dun dos barcos que formaban entre os que procesionaban, as autoridades marítimas prohibiron a estadía a bordo dos barcos de persoas alleas á tripulación destes. Pouco durou: puido máis non sei se a fe ou o desexo de “revoltear” acompañando á Señora. Máis o caso é que a procesión segue vixente. 

É do pobo mariñeiro, con tintes eclesiásticos.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.