Sete embarcacións buscarán alzarse coa III Bandeira Masculina de Traiñeiras Concello de Ribeira

15 Xullo 2026

Continúa o verán e, con el, os deportes náuticos. A III Bandeira Masculina Concello de Ribeira disputarase no domingo, 19 de xullo, a partir das 12.00 horas, na parte exterior do porto de Aguiño. Un total de sete embarcacións da Liga B de Traíñas buscarán alzar a bandeira.

Trátase dunha proba que organiza o Club de Remo coa colaboración da Administración local e que moverá arredor de 200 deportistas. Con relación a isto pronunciáronse os edís de Deportes e Turismo, Álex Vidal e Ana Barreiro, respectivamente, ao destacar o poder dinamizador deste tipo de eventos para o municipio, ademais de servir para a posta en valor dos recursos paisaxísticos, neste caso, vinculados ao mar.

Unicamente competirá a categoría absoluta na que “este ano está bastante disputada a proba. Non hai un claro gañador”, manifestou o presidente da entidade, Suso Silva. Os premios tamén consistirán en premios en metálico.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.