A Xunta vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais no lugar de Ameixida, no concello de Ribeira.
A vertedura foi detectada polos inspectores do Plan de Control de Vertidos, desenvolvido por Augas de Galicia.
As inspeccións e os resultados das analíticas no punto confirmaron a presenza de emisións contaminantes procedentes dunha rede de augas pluviais que desaugaba á ría de Arousa, debido ás conexións irregulares de inmobles próximos.
A problemática identificada foi posta en coñecemento do Concello de Ribeira para que se adoptasen as medidas correctoras oportunas para o cese dos vertidos.
A Administración local informou recentemente da execución dunha actuación para a eliminación das emisións contaminantes que se viñan producindo a través deste punto.
A Xunta, nun novo control analítico do punto, verificou a efectividade das medidas adoptadas e confirmou a ausencia de emisións contaminantes.
O Concello de Ribeira saca a licitación o novo proxecto de iluminación da praza do Concello
O Concello de Ribeira sacou a licitación o reforzo da iluminación da céntrica praza do Concello para, segundo informou, “solucionar puntos que resultan escuros na actualidade, o que repercute negativamente nas condicións de visibilidade, seguridade e confort dos...



