“Futboleiros de Frións: Fran e José Ramón, a Riazor” – Antón Luaces

14 Xullo 2026

“Eeeiii, noruegho!”, berraba en tempos un acérrimo seguidor do equipo de fútbol que representaba os intereses dun grupo de ribeiráns que, a falta dun local de seu, reuníanse en horas non propias para o traballo nunha xastrería situada fronte ao Nordeste, mítica cafetaría na que se compartían conversa, música e amizade coa alma deste local que durante anos rexentou Antonio, tristemente desaparecido. 

Eran, aqueles, tempos de groria para Bello, Sampedro, Suco I e, posteriormente, Suco II, todos eles xogadores que deron o salto ao Celta, o Deportivo da Coruña, o Racing de Ferrol, o Barcelona, etc., quedando en Ribeira os sempiternos irmáns Abelleira, os tamén irmáns Bande (Sito e Manolo, ambos os dous excelentes porteiros), Juan José “O Pulga”, Fraga, Mito Mirás, Pepe de Evangelina e moitos outros que deron  paso a Fran e José Ramón González (militantes após saír do seu natal Frións, en Ribeira, para xogaren primeiro no Fabril e posteriormente no Deportivo, club no que ambos os irmáns fixeron unha sensacional carreira deportiva, especialmente Fran.

Os dous acadaron co Deportivo a Copa do Rei en 1995 e a Liga no ano 2000.

Fran formou parte da selección nacional de fútbol e nunca esqueceu o seu comezo no vello campo de terra de Frións, onde xa non se escoitaba o berro do “Noruego”, así alcumado -penso- polo seu berro de guerra que ecoaba na histórica fonte na que, os xogadores do Ribeira e os que viñan de fóra, bebían  e se lavaban. Os seareiros, sempre a pé, subiamos a costa ata Frións, esperanzados sempre nun bo resultado (que ás veces se producía).

Na actualidade o fútbol ten outros vieiros e lévanos a pensar no Mundial 2026, no que a de España é unha das seleccións que máis ten que dicir. 

Oxalá!,

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.