O Concello de Noia avanza detalles da XXVII edición da Feira Medieval

08 Xullo 2026

Comezou a conta atrás para o inicio da Feira Medieval de Noia, unha das grandes celebracións culturais, históricas e festeiras do verán no Barbanza e en Galicia. A XXVII edición da feira, que se desenvolve entre o 17 e o 19 de xullo, foi presentada esta semana ante os medios de comunicación nun acto no que se puxo o foco nas novidades “dirixidas a recuperar a esencia histórica deste gran evento e seguir facéndoo medrar”.

Durante a cita cos medios organización fixo un avance da programación, que incluirá novas recreacións históricas, espectáculos, obradoiros, animación e moitas sorpresas para converter o casco histórico nun auténtico escenario medieval.

Nos vindeiros días irase publicando a programación completa para que veciños e visitantes non perdan detalle desta feira que lles vai permitir, unha vez máis, viaxar literalmente no tempo.

Unha das grandes novidades deste ano é que o Concello de Noia asume de novo a organización directa da feira, co obxectivo de “reforzar as recreacións históricas e os espectáculos de rúa”.

No programa destacan actividades como a recreación da chegada ao porto noiés no ano 1147 das naves británicas do monxe Arnulfo, que facían escala camiño de Santiago. Terá lugar no peirao do Marqués.

Amais, o paseo marítimo recuperará os tradicionais torneos medievais a cabalo, con novos contidos e personaxes.

A previsión é contar con 220 postos en rúas e prazas: postos de artesanía, alimentación e demostracións de oficios tradicionais.

Haberá obradoiros en directo, xogos para os máis pequenos e espectáculos de animación teatral itinerante baseados en lendas locais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.