“Ónega” – Xulio Xiz

08 Xullo 2026


Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente de Juventudes, da O.J.E.  Eu, para ser mestre, tiven que ser Instrutor do Frente de Juventudes, como as rapazas tiñan que facer o Servizo social na Sección Feminina do Movemento. Se naqueles anos había alguén de esquerdas, non era o momento de manifestalo.

Isto vén a conto porque o B.N.G. de Lugo ten que estudar se vota a Fernando como Fillo Adoptivo de Lugo porque durante o Franquismo traballou en medios do Réxime, cuestión da que pasan PP e PSOE que queren facer xustiza ao xornalista que saíu de Lugo para ser universal.

Ónega puido loitar na clandestinidade antes de que Franco ao morrer dese paso á liberdade, pero naquela España dos medios amordazados, as radios non podían dar máis ca información local cribada, e os xornais facían malabares para ir publicando temas que nos fosen abrindo os ollos.

Ónega traballou na prensa posible ata a morte de Franco, pero foi a man dereita de Adolfo Suárez, que trouxo a democracia, e falaba con palabras de Fernando. E o  xornalista tivo gloriosa traxectoria en medios libres – Ser, Cope, Onda Cero, Ya, Tele5, Antena 3… – e foi o comentarista libre máis seguido deste país.

Negarlle a Ónega o lucensismo de adopción, só pode explicarse por non ter vivido aqueles anos nos que nos obrigaron a crer que ter un Xeneralísimo dirixindo os nosos destinos éra a máis orixinal e segura forma de vivir nunha “Unidade de Destino no Universal”.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.