Naturgy traballou por recuperar a presenza da lamprea nas augas da comarca

05 Xuño 2020

Centro de Interpretación da Lamprea no río Tambre

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, este venres 5 de xuño, a eléctrica Naturgy vén de facer balance das intervencións a prol da diversidade realizadas pola compañía nos nosos concellos a prol da conservación da diversidade e os hábitos sustentábeis e respectuosos coa natureza: un total de 57 accións recentes na nosa terra, que supoñen o 20% da actividade green desenvolvida pola empresa en todo o mundo.

Entre estas actividades figuran accións tan significativas como por exemplo a creación do lago Meirama (en palabras de Naturgy “o primeiro lago artificial que permite o seu uso como reserva de auga para as persoas en Europa”) ou o proxecto para preservación da lamprea, este último desenvolvido en Noia, conxuntamente coa Asociación de Veciños Pedrado Castro, a Confraría de Pescadores e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta.

A iniciativa, que contou cun orzamento de 120.000 euros, busca activar accións directas que potencien a presenza da lamprea nas augas da nosa comarca. En concreto, permitiu inventariar, recuperar e pór en uso os rodeiros (estruturas de pedra tradicionais na pesca da lamprea) na contorna do val do río Tambre. Así mesmo, creouse un Centro de Interpretación da Lamprea nun edificio anexo á Central Hidroeléctrica do Tambre e unha ruta de sendeirismo para favorecer o seu coñecemento, conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico vinculado á especie.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...