A Audiencia da Coruña condena a 23 anos de cárcere ao home que asasinou ao seu pai cunha machada en Muros

03 Xullo 2026

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, de conformidade co veredicto ditado polo Tribunal do Xurado, condena a 23 anos de cárcere ao home que asasinou ao seu pai na vivenda que compartían en Muros, en abril do 2023. O Xurado entendeu probado que, “co propósito de acabar coa súa vida”, propinoulle cunha machada “repetidos e fortes golpes na cabeza”. Na sentenza, o maxistrado presidente salienta que, no momento de cometer os feitos, “non padecía ningunha alteración nas súas facultades de entendemento e vontade, e era, polo tanto, plenamente consciente dos seus actos”. Ademais, sinala que a relación entre a vítima e o seu fillo “estaba deteriorada e era deficiente”.

“A posible intervención de terceiras persoas non identificadas, que foi a explicación do sucedido facilitada nun primeiro momento polo acusado, as cales accederían ao interior da vivenda para agredir ao seu pai e causarlle a morte, foi, tras a investigación practicada, descartada polos funcionarios policiais que a levaron a cabo, tal e como como explicaron os xurados na acta de votación”, destaca o maxistrado na sentenza.

Desta forma, explica no fallo que o Xurado declarou probada a concorrencia de aleivosía súbita ou inopinada, chamada tamén sorpresiva, pois a vítima careceu de posibilidade de defensa. Devandita circunstancia especifica determina a cualificación do homicidio en asasinato.

O maxistrado destaca a abundante proba testifical, pericial e técnico‑ocular practicada, a cal descarta a intervención de terceiras persoas, a existencia de forcexo previo ou que o procesado sufrise unha alteración grave das facultades no momento dos feitos.

Tamén resalta a existencia de dolo homicida, de aleivosía e da agravante de parentesco. En consecuencia, condena ao acusado como autor dun delito consumado de asasinato e, ademais da pena de 23 anos de prisión, imponlle cinco anos de liberdade vixiada e o pago de 80.000 euros a favor da nai da vítima.

A Audiencia Provincial acorda, unha vez sexa firme a resolución, de conformidade co establecido no artigo 756.1° do Código Civil, deixar sen herdanza ao acusado “por estar incurso en causa de indignidade para suceder ao seu pai”.

A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.