O festival Bolofest celebra a súa quinta edición en Lousame cun cartel local e fin solidario

02 Xullo 2026
  • O vello campo de fútbol de Cruído acollerá o sábado 11 de xullo nove horas de música en directo cun ambiente familiar e de romaría.
  • O evento inclúe un ‘Espazo Talento’ para a mocidade de Noia e Lousame e contará con servizo gratuíto de autobuses.
  • A recadación das entradas, con prezos de 1 e 2 euros, destinarase integramente á Cruz Vermella.

O Concello de Lousame converterase no epicentro da música e da mocidade da comarca o vindeiro sábado 11 de xullo coa celebración da quinta edición do Bolofest. O alcalde lousamián, Esteban Ares García, e o coordinador do festival, Antón Horta, presentaron esta mañá os detalles dun evento que nesta ocasión trasládase ao vello campo de fútbol de Cruído e que conta coa colaboración de Artgallar e a Asociación de Veciños de Cruído.

O rexedor amosou o seu “orgullo” por acoller unha cita tan consolidada e destacou que supón “unha importante novidade no calendario cultural do municipio” coa que agardan achegarse a un público de todas as idades. Do mesmo xeito, agradeceu a implicación de Antón Horta e a total disposición dos veciños e veciñas de Cruído para facer posible o evento.

Identidade local, natureza e ambiente familiar

Pola súa banda, Antón Horta debullou a esencia dun festival cuxo segredo radica en apostar sempre por formacións da zona. Horta definiu o Bolofest coma un proxecto cunha identidade moi propia:

“É un festival no medio da natureza, comprometido coa recollida do lixo e cun horario de tres da tarde a doce da noite para que dea opción a vir á xente nova, aos pais, aos fillos… e desfrutar dunha xornada como se fose unha romaría”.

Un cartel completo cun espazo para a mocidade

O recinto abrirá as súas portas ás 15:00 horas e a música non parará ata a medianoite. O cartel desta quinta edición combina o impulso aos novos valores coa veteranía de bandas xa coñecidas:

  • Espazo Talento: Un apartado especial dedicado a mozos trapeiros de Lousame e a novos músicos procedentes da Escola de Música de Noia.
  • Bandas e artistas: Actuacións en directo de YG Hizz, Cayetano, The Cods, Adhara & Ritman e Sara & Majos.
  • Na cabina: DJ Pichi será o encargado de poñer o ritmo e amenizar os tempos mortos durante os cambios de grupo.

Para facilitar a asistencia e garantir a seguridade nos desprazamentos, a organización porá a disposición do público un servizo gratuíto de autobuses con liñas conectadas desde outros municipios.

Entradas solidarias: Puntos de venda

A entrada ao festival terá un carácter simbólico e solidario a beneficio de Cruz Vermella. As modalidades de compra son as seguintes:

  • Venda anticipada (1 euro): Pódese adquirir en Lousame (A do Panadeiro, Cafetería Nordés-Tanatorio, Alquinoia e Flores da Costiña) e en Noia (Manducka, Jara-Tussa, A Xanela e Fina Stampa).
  • En despacho de billetes (2 euros): Dispoñibles no propio recinto o día do festival.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.