O Concello de Muros asina os convenios de colaboración para a celebración das Carrilanas de Esteiro e o Castelo Rock

01 Xullo 2026

O Concello de Muros asinou os convenios de colaboración cos organizadores das Carrilanas de Esteiro e do Festival Castelo Rock, dúas das citas máis destacadas durante o verán.

Na sinatura dos convenios participaron a alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Cultura, Caridad González, xunto a representantes da organización do Castelo Rock e das Carrilanas.

“Desde o Concello de Muros amosamos o noso compromiso con estes dous eventos, que non só funcionan como espazos masivos de ocio, senón que tamén promoven a nosa cultura, a lingua, a música en galego e tradicións populares como as Carrilanas, que forman parte da identidade de Muros”, sinalou a rexedora.

“No caso do Castelo, o seu novo formato contribúe ademais a revitalizar a zona do Mercado, unha prioridade para o goberno local, e as Carrilanas colocan a Muros no mapa como festa de interese turístico”, engadiu a alcaldesa.

Na mesma liña falou Caridad González, que espera “milleiros de persoas tanto nas Carrilanas cono no Castelo Rock, polo que é unha satisfacción apoiar estas celebracións”.

As Carrilanas de Esteiro celebraranse do 17 ao 19 de xullo, co seu tradicional Gran Prix e un festival de música, ademais doutras actividades para todas as idades.

O Castelo Rock será os días 6, 7 e 8 de agosto, unha vez máis cun completo cartel de concertos e actividades na rúa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.