O Concello da Pobra incorpora 30 novos títulos á Biblioteca Municipal para promover a igualdade e a diversidade

30 Xuño 2026

A concelleira de Igualdade do Concello da Pobra do Caramiñal fixo entrega á Biblioteca Municipal, este martes 30 de xuño, de 30 novos títulos destinados a promover a igualdade, a diversidade e a prevención das violencias machistas a través da lectura. Os exemplares, dos que 25 están centrados na prevención das violencias machistas e cinco centrados na diversidade LGTBIAQ+, xa están dispoñíbeis para o préstamo e a consulta.

Por unha banda, incorporáronse 25 publicacións dedicadas á prevención das violencias machistas, dirixidas a público infantil, xuvenil e adulto. A escolma inclúe contos, novelas, ensaios e obras divulgativas que abordan cuestións como a igualdade, o consentimento, os estereotipos de xénero, as relacións afectivas saudables e a violencia machista, ofrecendo recursos adaptados ás diferentes idades.

Por outra banda, a Biblioteca Municipal integrou xa cinco títulos sobre diversidade LGTBIAQ+, que contribúen a visibilizar diferentes realidades, promover o respecto á diversidade afectivo-sexual, familiar e de xénero e fomentar unha sociedade máis inclusiva.

Con esta iniciativa, a Concellería de Igualdade reforza o seu compromiso coa promoción da igualdade de oportunidades, a diversidade e a prevención de calquera forma de discriminación, poñendo á disposición da cidadanía novos recursos que favorecen a educación en valores e a reflexión crítica.

A adquisición dos 25 títulos sobre prevención das violencias machistas está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Relación de títulos incorporados

Prevención das loitas machistas

Infantil

Estoy contigo

El jardín de los abrazos

El cazo de Lorenzo

El árbol generoso

Marta no da besos

Monstro Rosa

El consentimiento (para niños y niñas)

Xuvenil e público adulto

No me cuentes cuentos, de Sandra Sabatés

Eso no es amor, de Marina Marroquí

Maldito estereotipo, de Yolanda Domínguez

Mujer, vida, libertad, de Marjane Satrapi

Los hombres me explican cosas, de Rebecca Solnit

Cometierra, de Dolores Reyes

Vivas nos queremos, de Sonia Vivas

Hijas del miedo, da Asociación de Mujeres Juezas de España

Tranquilas, de varias autoras

Cerró usted las piernas, de Rosa Márquez e Marta Jaenes

El encaje roto, de Emilia Pardo Bazán

Fuego al machismo moderno, de Julia Salander

Los divinos, de Laura Restrepo

La mala leche, de Henar Álvarez

El color de la leche, de Nell Leyshon

Si es amor no duele, de Pamela Palenciano

El consentimiento, de Vanessa Springora

El amor no maltrata, de Olga Barroso

Diversidade LGTBIAQ+

Fóra do normal, de María Reimóndez

Federico y sus familias, de Mili Hernández

Comida familiar, de Bryan Washington

Lodo, de Julen Azcona

Vivan las uñas de colores, de Alicia Acosta

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...