O Concello de Ribeira saca a licitación a pavimentación e rede de pluviais na vía de acceso á zona de San Alberto

29 Xuño 2026

Na senda de seguir mellorando o estado das infraestruturas do municipio e a prestación de servizos, o Concello de Ribeira saca a licitación o asfaltado da vía de acceso á zona de San Alberto e instalación dun tramo de rede de pluviais. Así mesmo, renovarase o pavimento da beirarrúa de formigón existente no cruce coa avenida Ramiro Carregal.

A finalidade deste proxecto é a mellora do firme actual desa vía do Polígono Industrial de Xarás debido ao deterioro que presenta actualmente pola elevada intensidade de tráfico pesado que soporta.

Para iso, instalarase un tramo de rede de pluviais para a evacuación das augas superficiais, situarase sobre ela unha capa de formigón e logo aplicarase aglomerado asfáltico. Finalmente, pintarase a sinalización horizontal pertinente.

O orzamento de licitación é de 94.040’45, IVE incluído, financiado a un 80% con cargo á subvención concedida ao Concello para a habilitación e mellora de infraestruturas do seu parque empresarial, ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2026, mentres que o restante irá con cargo ás arcas municipais. As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 13 de xullo. O período de execución das obras será de dous meses dende a formalización do contrato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.