A Estrada rende unha nova homenaxe á familia Castelao coa inauguración dun conxunto escultórico de Acisclo Novo. O Concello de Rianxo participou no acto.

29 Xuño 2026

Proseguen os actos de irmandade entre Rianxo e A Estrada, logo da apertura (o pasado 22 de xuño) da exposición Virxinia Pereira: Dez voltas na vida, unha mostra que achega á cidadanía o coñecemento sobre a vida e o legado “dunha muller esencial na historia de Galicia”. Na cita participaron (entre outras/os) o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e máis o rexedor de Rianxo, Julián Bustelo, quen acudiu como representante do concello orixinario do home de Virxinia Pereira: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A exposición – deseñada por Editorial Galaxia co asesoramento da escritora Montse Fajardoxa – xa se pode ver no Concello da Estrada e chegará a Rianxo no mes de setembro.

Os representantes do Concello de Rianxo volveron achegarse esta última fin de semana de xuño á vila estradense, convidados polo alcalde Gonzalo Louzao e o seu equipo de Goberno, para participar na inauguración (na praza de Galicia) do conxunto escultórico promovido polo Concello da Estrada e pola Consellería de Cultura que homenaxea á familia Castelao Pereira. Trátase dunha obra do escultor Acisclo Novo e producida por Mariola M. Andura, que rende homenaxe a Virxinia Pereira, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e ao seu fillo Alfonso Xesús.

A inauguración celebrouse nunha data especialmente simbólica, coincidindo co 90 aniversario do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia celebrado tal día como este domingo: un domingo 28 de xuño pero do ano 1936. Ademais, apostouse por situar esta inauguración no marco das festas patronais de San Paio, o mesmo pano de fondo que Castelao escolleu hai nove décadas para ofrecer un histórico mitin na véspera do referendo estatutario, coa famosa estampa dunha avioneta sobrevoando a praza de Galicia e deixando caer pasquíns a prol do “SI” para o Estatuto.

Tras agradecer a colaboración da Consellería de Cultura que dirixe José López Campos, o alcalde estradense puxo o acento no valor desta homenaxe como acto de xustiza histórica con Virxinia Pereira, á que definiu como “muller sempre á par, nunca detrás” de Castelao, poñendo de releve o seu papel fundamental como sostén, memoria e gardiá dun legado esencial para Galicia.

A inauguración do conxunto escultórico constitúe un novo proxecto de irmandade entre os Concellos de Rianxo e A Estrada, logo da colaboración formalizada entre os dous municipios, un destino que é común, segundo salientaron os alcaldes no seu día, ao que compartiron Castelao e Virxinia.

Outros artigos

A Casa RIA celebra en Santiago o seu segundo aniversario

A sede da Casa RIA en Santiago acolleu este 1 de xullo pola tarde a celebración do segundo aniversario da materialización desta sede na rúa Virxe da Cerca, sede da Fundación RIA: entidade envorcada en reivindicar a tradición arquitectónica, produtiva, social, cultural...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...