Domingo con descenso das temperaturas nas Rías Baixas e Santiago

27 Xuño 2026

Santiago de Compostela e as Rías Baixas vivirán este domingo unha xornada marcada pola entrada dos ventos do norte, que traerán un ambiente máis fresco e un descenso das temperaturas máximas, especialmente perceptible na capital galega. (22 graos).

Nas Rías Baixas, a mañá comezará con nubes baixas e bancos de néboa, que irán desaparecendo progresivamente para dar paso a claros durante a tarde, especialmente nas comarcas do sur. A pesar da mellora do estado do ceo, as temperaturas tamén descenderán lixeiramente debido á entrada do vento do norte.

En Santiago, os ceos permanecerán maioritariamente cubertos durante boa parte do día, con ambiente húmido e posibilidade de orballos ocasionais, aínda que sen precipitacións de importancia. As temperaturas mínimas apenas experimentarán cambios, mentres que as máximas baixarán respecto ás rexistradas nas últimas xornadas.

O vento soprará de compoñente norte con intensidade moderada ao longo da xornada, aumentando ao final do día no litoral atlántico, onde se esperan intervalos fortes que poderán deixar unha maior sensación de fresco nas zonas costeiras.

En conxunto, o domingo deixará un ambiente máis propio do Atlántico, con temperaturas máis suaves e ceos máis cubertos, tras varios días de calor e estabilidade. O luns recuperase a estabilidade e suben as temperaturas.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

“22 de noviembre de 1963” – Manuel Domínguez

22 de noviembre 1963. Esa tarde estaba escuchando la radio, de joven muy aficionado a ello. Sobre las 09,30 de la tarde la radio da la noticia, el presidente Kennedy ha muerto. Para un jovencito de corta edad ¿Qué importancia pudiera tener esta noticia? El NO-DO, que...

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

“Retirada de Medallas ao Mérito no Traballo” – Antón Luaces

Os galegos Pedro Barrié de la Maza, José Fariña Ferreño e José María González-Llanos figuran entre as sete persoas e unha entidade ás que o Ministerio de Traballo retirará as  Medallas ao Mérito no Traballo polos seus vínculos  ao golpe de estado fascista e...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.