A Xunta coordina o primeiro envío de axuda humanitaria a Venezuela e mobiliza un equipo galego de rescate

27 Xuño 2026

A Xunta de Galicia puxo en marcha un dispositivo de axuda humanitaria para colaborar na resposta á emerxencia provocada polos terremotos rexistrados en Venezuela. Ademais de coordinar o envío de material e fondos a través de Farmamundi e Cruz Vermella, o Goberno galego participou na organización do desprazamento dun equipo especializado en busca e rescate que partiu este sábado cara ao país suramericano.

O operativo de rescate saíu desde a base aérea de Torrejón de Ardoz, en Madrid, integrado no dispositivo español de emerxencias. O equipo galego está formado por seis bombeiros da Asociación Briegal (Búsqueda e Rescate Integral en Emerxencias de Galicia) e dous técnicos de emerxencias sanitarias da ONG Intervención, Axuda e Emerxencias (IAE).

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Dirección Xeral de Emerxencias, encargouse de coordinar o desprazamento do persoal, a dotación do material necesario e a comunicación permanente co Centro Nacional de Seguimento e Coordinación de Emerxencias (Cenem).

Os profesionais galegos están especializados en busca e rescate urbano e contan con experiencia en anteriores misións internacionais, como os terremotos de Turquía ou as inundacións de Libia. Entre as súas capacidades figuran os traballos de corte e perforación, rescate con cordas, control de atmosferas e busca técnica de persoas atrapadas.

Paralelamente, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea e Cooperación ao Desenvolvemento activou os mecanismos de cooperación para canalizar axuda ás persoas afectadas.

Neste marco, a Xunta activou o convenio de colaboración con Farmamundi, que permitirá destinar de forma inmediata 24.000 euros a actuacións de emerxencia sobre o terreo. Ademais, axilizará a sinatura do convenio con Cruz Vermella para que os 50.000 euros previstos para accións de cooperación se dediquen integramente á atención da crise humanitaria en Venezuela.

O Executivo galego destaca que estas actuacións buscan contribuír tanto ás tarefas de rescate como á atención das necesidades máis urxentes da poboación afectada e á posterior reconstrución das zonas máis castigadas polos terremotos.

Outros artigos

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...