Oito feridos nun accidente con tres vehículos implicados na AP-9 ao seu paso por Santiago

26 Xuño 2026

Entre os feridos están o alcalde de Tui, a alcaldesa de Salvaterra de Miño e a alcaldesa do Rosal

Oito persoas resultaron feridas este venres tras un accidente de tráfico rexistrado na AP-9, ao seu paso por Santiago de Compostela, no que se viron implicados un camión, unha furgoneta e un turismo.

TVG

O sinistro produciuse arredor das 14:30 horas, momento no que o 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares alertando dunha colisión entre os tres vehículos no quilómetro 72 da autoestrada e advertindo da posible existencia de persoas feridas.

Tras recibir o aviso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santiago de Compostela, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Ademais, tamén foi alertado o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), por se fose necesaria a súa intervención.

Segundo confirmou posteriormente o persoal sanitario, oito persoas resultaron feridas como consecuencia do accidente e tiveron que ser trasladadas ao Hospital Rosaleda para recibir asistencia médica. Os rexedores viaxaban nun dos vehículos xunto a outros membros da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño cando regresaban dunha reunión.

Polo momento non transcenderon as circunstancias nas que se produciu a colisión nin o alcance das lesións sufridas polas persoas afectadas.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.