Lousame abre o prazo de inscrición para os cursos de natación e anuncia a apertura da piscina municipal o 1 de xullo

26 Xuño 2026

As preinscricións para as persoas empadroadas estarán abertas ata o 30 de xuño e a piscina da Silva iniciará a tempada de verán o vindeiro mércores.

O Concello de Lousame abre hoxe, 26 de xuño, o prazo de preinscrición para os tradicionais cursos de natación de verán, que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto na piscina municipal da Silva. Ademais, a instalación abrirá oficialmente as súas portas o mércores 1 de xullo, iniciando unha nova tempada estival.

Os cursos están dirixidos a nenos e nenas a partir dos 4 anos e contan cun prezo de 10 euros ao mes. Nesta primeira fase, as inscricións están reservadas ás familias con crianzas empadroadas no municipio e deberán formalizarse a través de Bandoticket.com antes do 30 de xuño. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.

O Concello oferta un total de 64 prazas, distribuídas en tres grupos de idade. Para os máis pequenos, de 4 a 6 anos, organízanse catro quendas en horario de mañá, con grupos reducidos de cinco participantes. Tamén haberá dúas quendas para nenos e nenas de entre 7 e 10 anos e outras dúas para maiores de 11 anos, adaptando os horarios e o número de prazas ás necesidades de cada idade.

No caso de que queden vacantes, o 1 de xullo abrirase un segundo prazo de inscrición para persoas non empadroadas en Lousame. As persoas interesadas poden obter máis información no Departamento de Deportes do Concello ou chamando ao teléfono 981 825 780.

Apertura da piscina municipal

A piscina municipal da Silva abrirá ao público o mércores 1 de xullo e permanecerá aberta todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 15:00 a 21:00 horas.

Os abonos de tempada e as entradas poderán adquirirse na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 14:00 horas. Os menores de seis anos accederán gratuitamente ás instalacións.

Os abonos de tempada terán un custo de 15 euros para menores de entre 7 e 15 anos e persoas maiores de 65 anos, mentres que para o resto da poboación será de 20 euros. No caso das entradas individuais, o prezo será de 1 euro para menores de entre 7 e 15 anos e maiores de 65 anos, e de 2 euros para o resto das persoas usuarias.

Co obxectivo de facilitar o acceso ás instalacións a toda a veciñanza, o Concello mantén tamén unha tarifa social para persoas en situación de vulnerabilidade, previo informe favorable dos Servizos Sociais municipais. Neste caso, os abonos de tempada custarán 2 euros para menores de entre 7 e 15 anos e maiores de 65 anos, e 4 euros para o resto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.