Máis dun cento de persoas asistiron na tarde do mércores ao concerto de San Xoán celebrado no parque de Camboño. As actuacións correran a cargo da Banda de Música de Lousame, da Banda de Música Ateneo de Negreira e da Asociación Folclórica Canlebó de Camboño, que enchéron o espazo ata o punto de que moitos espectadores tiveron que acomodarse sobre o palco e nos seus arredores en busca de sombra.
O evento, organizado polo Concello de Lousame en colaboración coa Deputación da Coruña e as formacións participantes, tivo un final inesperado: unha tormenta de verán obrigou a suspender o remate do concerto, polo que o público non puido gozar da sorpresa prevista de ver ás dúas bandas tocar xuntas con Canlebó. A concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, asistiu ao acto xunto aos concelleiros de Deportes, Mariel Agrafojo, e de Seguridade Viaria, José Antonio Ces Barreiro.




