“O Lugo que arde” – Xulio Xiz

25 Xuño 2026

O Arde Lucus, recreación e reflexión histórica que ven de cumprir un cuarto de século, veu poñer de novo de manifesto o desexo dos lucenses de incorporarnos á corrente que vai do “primun vivere” ao “dolce far niente”.

Un ten a impresión que nunca tantos lucenses e foráneos invadiron pacificamente Lugo, para comprobar que vinte séculos despois os novos romanos e castrexos non só conviven en harmonía senón que parecen poñer en solfa traxedias e combates, nunha interminable “pax romana”.

O domingo, especialmente queimador, na Mosqueira, coma un lóstrego lembrei o terrible poema de Manuel Machado no que “o cego sol, a sede e a fatiga” facían ao Campeador buscar sombra esquiva, para finalmente os seus guerreiros, cheos de “po, suor e ferro”, seguir o infinito camiño do desterro. E admirei estes guerreiros nosos, ao servizo de todos, facendo arder nos corazóns a lembranza da Roma arcaica, ofrendándolle á cidade a festa para todos e por todos nós.

O ardente Lugo festeiro moito lles debe aos romanos e castrexos que confortan as nosas ansias de coñecemento orixinal; pola festa da historia que nos pesa na alma. Lugo arde grazas aos centos de lumes individuais, de asociacións e colexios, senadores e soldados, loitadores por unha idea que nos engaiola e enorgullece… que á vez é lembranza de derrota gloriosa e comezo da nosa historia escrita; escrita polos vencedores dos que, en definitiva, vimos todos nós.
O que arde en Lugo estes días, aparte da extraordinaria actividade do astro Rei, é a historia que nos conmove; a lenda que nos abrasa; a vida que nos trouxo ata aquí. Gloria aos druídas do lume e da memoria!.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.