Comeza a instalación de céspede artificial no Campo da Mina de Lampón

25 Xuño 2026

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. O alcalde, José Ramón Romero; o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz; e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; visitaron as instalacións para coñecer o estado de execución das obras.

Logo da nivelación do terreo de xogo e a aplicación do pavimento continuo a base de aglomerado asfáltico, esta semana comezouse a instalación do tapiz de céspede artificial. “Este campo sumase agora ás demais instalacións deportivas municipais, podendo aumentar a actividade deportiva que se desenvolve na instalación”, recoñeceu o alcalde.

As actuacións que se están a levar a cabo na instalación deportiva buscan converter o terreo de xogo, formado de árido e con desniveis importantes, a un campo de fútbol de céspede artificial dunhas dimensións exteriores de 100×56 metros. Ademais do propio terreo de xogo vanse instalar parabalóns e as varandas laterais, así como a mellora dos accesos ao terreo de xogo.

As obras que se están a executar ascenden aos 673.325,59 euros e están financiadas mediante o Plan de Obras e Servizos (POS+ Concellos) da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.