“A cátedra de Begoña Gómez é legal e non existen ingresos opacos” – Antón Luaces

25 Xuño 2026

A Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil considera “incompatible” o enriquecemento persoal da muller do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pola baixa facturación que esta realizaba. O informe das conclusións da UCO sobre as investigacións da Garda Civil xa foi entregado ao xuíz Juan Carlos Peinado. O contido deste informe semella non ser do agrado do maxistrado, que leva máis de dous anos cunha instrución baseada nunha denuncia realizada polo sindicato Manos Limpias con recortes de prensa e a opinión pública conservadora. 

Como se sinalaba anteriormente, a Garda Civil considera “incompatible” a existencia dun  enriquecemento persoal co feito de que en dous anos tan só se facturaran 17.000 euros á Universidade Complutense de Madrid, o que desmonta o groso das teses de Peinado.

Salienta amais o informe que as empresas privadas que financiaron a creación do software de sostibilidade de pemes eran totalmente conscientes de que o diñeiro que aboaban ía dirixido ás contas da universidade e non ás da muller do xefe do Goberno. Sobre a participación da súa asesora, Cristina Álvarez, a UCO entende que colaborou coas actividades académicas de Begoña Gómez, aínda que certifican que os 200 correos que puido enviar non teñen ningún interese para a investigación, o que desmonta á súa vez outra das teses do xuíz Peinado.                               

O informe, de máis de 300 páxinas, da a razón á defensa da muller de Pedro Sánchez e bota por terra a longa instrución do xuíz que se vai acoller á xubilación a finais do vindeiro mes de setembro.   

Debido á escasa complicación investigativa dos feitos, sorprende que se tardara moito máis tempo en chegar ás conclusións que noutros casos, agás que se prolongara artificialmente para prexudicar conscientemente ao matrimonio Sánchez-Gómez.                                                                 

Conclúen no PSOE que “non hai irregularidade na xestión da cátedra, non hai enriquecemento ilícito, non hai movementos sospeitosos nas súas contas.. O que hai é unha persoa honesta á que lle queren destruir a súa v¡da e atacar ao Goberno. Dous anos de persecución e acoso que deben rematar canto antes”.                     

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.