A Bandeira Azul volve ondear na praia de Coroso

23 Xuño 2026

A praia de Coroso loce xa a Bandeira Azul unha vez que o Concello de Ribeira volvese concorrer a recuperar unha distinción que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC). Dito recoñecemento supón unha garantía de calidade das augas, xestión ambiental e servizos para as persoas usuarias dos espazos marítimos, lembraron a alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Mar e Promoción do Litoral, Fernando Abraldes, acompañados do equipo de socorrismo no izado formal do distinto no areal de Coroso, unha das 118 praias galegas recoñecidas con este galardón.

Segundo a rexedora, esta Bandeira Azul “é sinónimo de cumprir cunha serie de condicións que garanten unhas calidades óptimas do areal para os bañistas. Deste xeito, cumprimos o compromiso de traballar para o reforzo dos atributos do noso areal urbano, que se erixe como un dos nosos recursos naturais por excelencia”.

A mandataria local tamén lembrou que as 17 zonas de baño no litoral ribeirense avaliadas pola Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade recibiron a cualificación de “Excelente”, polo que “non hai escusa para desfrutar un ano máis da nosa costa”, sinalou.

Outra das distincións que ostenta o municipio é a de Bandeira Verde de Galicia, que obtivo a finais do ano pasado da man da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por mor das boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe, a cal tamén ondea na dita praia. Este recoñecemento fundamentouse en dez proxectos que versan sobre a ordenación do territorio; a protección do medio ambiente e da paisaxe; o cambio climático e a eficiencia enerxética; a xestión responsábel dos residuos; e accións de sensibilización e comunicación.

Servizo de socorrismo

O litoral ribeirense contará neste verán cun total de 27 socorristas, de luns a domingo. 8 deles xa están en Coroso, outros 8 no Vilar e 7 na Ladeira, de 12.00 a 20.00 horas, ata o 18 de setembro.

Tamén haberá servizo de tarde, dende xullo a agosto, na Corna, Castiñeiras e O Castro-A Catía, de 16.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.