O CIFP Coroso celebrará o seu 50 aniversario cunha gran gala conmemorativa en Ribeira

22 Xuño 2026

O acto terá lugar o vindeiro 27 de xuño no Novo Auditorio de Ribeira e incluirá a entrega de máis de trinta recoñecementos a persoas, empresas e institucións vinculadas á historia do centro.

O CIFP Coroso, centro de Formación Profesional de referencia en Ribeira e na comarca do Barbanza, culminará as celebracións do seu 50 aniversario cunha gran gala conmemorativa que se celebrará o próximo sábado 27 de xuño, ás 20.00 horas, no Novo Auditorio de Ribeira.

Baixo o lema “CIFP Coroso. 50 anos, miles de historias”, o evento pretende render homenaxe ás persoas e entidades que contribuíron á creación, desenvolvemento e consolidación do centro ao longo destas cinco décadas de traxectoria educativa.

A gala reunirá representantes institucionais, profesorado, persoal de administración e servizos, alumnado e antigo alumnado, así como empresas colaboradoras e membros da comunidade educativa que formaron parte da historia do centro desde os seus inicios. Un percorrido que se remonta ao curso 1975/76, cando a escola comezou a impartir as súas primeiras aulas nas instalacións do Mercado Municipal de Ribeira.

Un dos momentos centrais da celebración será a entrega de máis de trinta galardóns destinados a recoñecer a persoas, empresas e institucións que destacaron polo seu compromiso coa Formación Profesional e co crecemento do CIFP Coroso ao longo destes cincuenta anos.

Os premios distinguirán diferentes ámbitos, como a excelencia profesional, o emprendemento empresarial, a promoción da Formación Profesional, a inserción laboral, a traxectoria do persoal docente e de servizos ou a aposta pola innovación. Entre as persoas e entidades recoñecidas figuran antigos alumnos e alumnas, profesorado, persoal do centro, empresas colaboradoras e organizacións que mantiveron unha estreita vinculación coa escola ao longo da súa historia.

A programación incluirá tamén unha homenaxe especial ás persoas pioneiras que fixeron posible a posta en marcha do centro nos seus primeiros anos, así como aos distintos equipos directivos que estiveron á fronte da institución, recoñecendo a súa contribución á construción dun proxecto educativo que hoxe é un referente da Formación Profesional en Galicia.

A celebración converterase nunha oportunidade para lembrar o camiño percorrido, agradecer o esforzo de todas as persoas que fixeron posible este proxecto e fortalecer os lazos dunha comunidade educativa que continúa medrando xeración tras xeración.

Un ano de actividades para conmemorar medio século de historia

A gala do 27 de xuño constitúe o acto principal dunha programación especial desenvolvida ao longo de todo o curso 2025/2026 para celebrar os cincuenta anos do CIFP Coroso.

Entre as iniciativas promovidas polo centro destaca unha exposición fotográfica que recolle os momentos máis significativos da súa historia e que, tras permanecer aberta á comunidade educativa durante as últimas semanas, poderá visitarse tamén no auditorio coincidindo coa celebración da gala.

Ademais, durante o evento estrearase un vídeo homenaxe dedicado aos cincuenta anos de traxectoria da institución, mentres que nos próximos meses verá a luz un libro conmemorativo que repasará a evolución do centro desde a súa creación ata a actualidade.

Con estas accións, o CIFP Coroso quere render tributo ás xeracións de alumnado,

Listado de personas galardonadas en la gala “CIFP Coroso. 50 anos, miles de historias”

Premio a la excelencia profesional:

·        Nerea Quintáns Pinazas, ex alumna y doctora en el hospital Álvaro Cunqueiro

·        Ángel Pena Sampedro, ex alumno y jefe de mantenimiento de Alfrío

·        Miguel A. Teira Patiño, Jefe de Estudios del CIFP Politécnico de Santiago de Compostela

Premio al emprendimiento empresarial:

·        Enrique Rañó Ouviña, ex alumno y Gerente de Rivelsa

·        Enrique Martínez Pérez, ex alumno y Generente de Frinorsa

·        Beatriz Enriquez Maneiro, ex alumna y Gerente de Sonense de Electricidad

Premio a la promoción de la Formación Profesional:

·        Asociación de Empresarios de Riveira

·        SALICA – Grupo Albacora

·        Jealsa

Premio a la inserción laboral:

·        CONGALSA

·        Grupo Lijó

·        Climafrío

Premio a la trayectoria profesional no docente

·        Ramona Rivas Pérez, secretaria del CIFP Coroso

·        Teresa Paisal Franco, secretaria jubilada del CIFP Coroso

·        Javier Queiro Fernández, ex conserje del CIFP Coroso

Premio al compromiso con la innovación

·        Martín Vidal Miranda, docente y Jefe de Departamento de Transporte y Mantenimiento de Vehículos del CIFP Coroso

·        Carlos Salvado Fernández, Catedrático y docente del CIFP Coroso

·        Beatriz Mantínez Ruiz, Doctora y docente del CIFP Coroso

Premio a la trayectoria profesional docente:

·        José M. Sampedro Fernández. Docente jubilado del CIFP Coroso

·        Ramón Quintáns Vila. Docente del CIFP Coroso

·        Ramón Pérez Martínez. Docente del CIFP Cosoro

Premio especial al desarrollo de la Formación Profesional en Ribeira:

Pioneros/as

·        Manuel Pérez García

·        José Alfonso Lijó Ageitos “Tacho”

·        José A. Ventoso Mariño

·        Pilar Otero Suárez

·        Domingo Paz Patiño

·        Manuel Martínez Rial

·        Jesús Pérez Besada

·        Gelasio López Rodríguez

Directores:

·        José Alberto Lorenzo Álvarez

·        Eduardo García Mosconi

·        José Antonio Rendo Rodeiro

·        José Fernando Vázquez Miranda

·        Antonio M. Teira Rivas

Outros artigos

“Ídolos de barro”. Manuel Dominguez III

Simona de Beauvoir este abril 40 años de su muerte. La Beauvoir, símbolo de las feministas ortodoxas, de estas liberales de moqueta y salón, y su compañerío de vida, Jean Paul Sartre nunca estuvieron casados. Rechazaron activamente el matrimonio y la idea de formar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

“Alugueres sociais” – José Manuel Pena

España conta cunhas 40.000 persoas sen fogar. Un millón e medio familias viven en infravivendas. Dentro da Unión Europea, só Bulgaria e Letonia presentan indicadores de desigualdade máis altos que España. Segundo datos estatísticos da AEAT e do INE, a metade da...

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

“Matemáticas y Filosofía” – José Castro López

Las universidades gallegas presentaron las ofertas docentes intentando responder a las demandas de los estudiantes y del mercado laboral en este tiempo en el que los perfiles profesionales son cada vez más transversales. En ese contexto llama especialmente la atención...