“Após a condena de Ábalos, Núñez Feijoo esixe a saída de Pedro Sánchez”- Antón Luaces

22 Xuño 2026

“Diante dunha sentenza  como a coñecida hoxe, non cabe agocharse, non cabe agardar e non cabe manobrar. Hai responsabilidade política e esa responsabilidade política ten nome e apelidos: Pedro Sánchez Pérez-Casteón”.  

O presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, coida que Pedro Sánchez debe abandonar a presidencia do Goberno após a sentenza condenatoria a José Luis Ábalos. Pero Feijoo evitou en todo caso anunciar a presentación dunha moción de censura.

Paras Feijoo “José Luis Ábalos non chegou só”. Foi Sánchez quen o nomeou, lle deu poder e o situou como a súa man dereita. Foi Pedro Sánchez quen o puxo á fronte da organización do seu partido. Foi Pedro Sánchez quen lle deu acceso ao diñeiro público no ministerio máis inversor do Estado”, sinalou.

Tamén acusou Feijoo a Sánchez de mirar cara outro lado cando era “vox pópuli” que a conduta de Ábalos era reprobada, engadindo que lle reprochou que mentira sobre a súa saída  e que posteriormente o volvese a incluir nas listas electorais para aforalo.

“Foi Pedro Sánchez quen lideraba o partido que quería fjnanciar e ckbntgroilar a sñua defensa xudicial; foi Pedro Sánchez quen chegou ao Goberno a través dunha moción defendida por Ábalos e é Pedro Sánchez quen agora debe irse apòs del”. 

Na formulación  de Núñez Feijoo esixindo a saída de Pedro Sánchez nikn hiubo nen unha soa mención á pesentación dunha moción de censura ou ben a demanda dunha cuestión de confianza, sabedor sen dúbida Núñez Feijoo que non disporía dos apoios necesarios para sacalas adiante.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.