O Curro da Praza de Muros acolleu na mañá deste 22 de xuño a entrega dos Premios correspondentes á campaña Merca no Teu Comercio, que se desenvolveu entre o 1 e o 15 de xuño nos municipios de Muros e Outes, cun total de 1.150 tíckets rexistrados.
Entre os consumidores que mercaron nos establecementos destas localidades durante a iniciativa, sorteouse un total de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros. Os gañadores recibiron esta mañá o seu premio, que deberán empregar en novas compras no comercio de proximidade local.
Merca no Teu Comercio ten Premio é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do comercio de proximidade dos municipios rurais organizada pola Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia.
Na entrega de galardóns deste luns 22 pola mañá participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles José Antonio Seijas Castro, presidente da Federación de Comercio de A Coruña; Luis Fernández Díaz, secretario xeral da Federación Galega de Comercio; así como Yolanda Suárez, directora de oficina de Abanca; entre outros.




