Vegalsa-Eroski abre un supermercado Cash & Carry en Ribeira

03 Xuño 2020

A zona ribeirense de Xarás conta cun novo supermercado Cash & Carry que, baixo a marca Cash Récord, abreu a empresa Vegalsa-Eroski.

O novo establecemento está ubicado na parcela que ocupaba Bricoking, dispón de 1.600 metros cadrados para a sala de vendas, ademais dun aparcamento con capacidade para 68 prazas. A creación deste novo centro supuxo o investimento de máis de 1,5 millóns de euros, e dará traballo a un persoal de 16 persoas. Conta con 6.400 referencias de produtos de alimentación, droguería, enxoval e adega con formatos adaptados ao sector de hoteis, restaurantes, cafeterías e comerciantes polo miúdo. Ademais, ofrece un servizo de compra on- line e recollida en tenda, podendo o usuario pasar a recollelo ao aparcadoiro ás catro horas de facer o pedido. Este novo supermercado, que abrirá as súas portas de 8.30 a 13.30 e de 15.30 a 20.00 horas, deseñouse seguindo un modelo de tenda ecoeficiente, para reducir o impacto ambiental a través dun menor consumo enerxético.

Novas instalacións de Vegasla- Eroski na zona ribeirense de Xarás. Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.