Natalia Botana Rey toma posesión como presidenta de Portos

17 Xuño 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu na mañá deste 17 de xuño a toma de posesión de Natalia Botana Rey como presidenta de Portos de Galicia, posto no que releva a José Antonio Álvarez Vidal, recentemente nomeado presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

Durante o acto, celebrado no edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, Botana ratificou a súa vocación de “servidora pública” e comprometeu o seu traballo en beneficio de “todos os sectores da economía azul”. A nova presidenta de Portos tendeu a man “para un diálogo construtivo que permita atopar solucións compartidas aos retos que depara o presente e o futuro de Galicia, que conecta co mar a través dos portos”.

Viguesa nada en 1969, Natalia Botana é licenciada en veterinaria e ocupaba o posto de directora territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra desde xaneiro de 2021. Conta cunha longa traxectoria na Administración pública galega, na que ingresou no ano 2000, desempeñando roles como Xefa do Servizo de Control de Riscos Ambientais e diversos cargos como inspectora veterinaria oficial.

Tamén traballou en Bruxelas, na unidade de xestión de datos e accións estruturais para Irlanda, España, Francia, Portugal e o Reino Unido na Dirección Xeral do Mar (DG MARE) da Comisión Europea. E representou ás comunidades autónomas no comité europeo da cadea alimentaria na capital comunitaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.