A rapazada de Portosín limpa este mércores as praias de Entrepuntas e Coira en colaboración co Concello e as confrarías

17 Xuño 2026

O Concello de O Porto do Son, xunto ao CEIP Portosín e as Confrarías de Pescadores de Porto do Son e de Portosín organizan este mércores 17 de xuño durante a mañá, a partir das 10.00 horas, unha xornada intensivo de limpeza de praias.

A xeira de traballo levarase a cabo nos areais de Entrepuntas e de Coira. Un dos obxectivos da xornada é concienciar e sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia de manter limpas as praias e, en consecuencia, o noso mar. Porase o foco nos plásticos (sempre presentes, por desgraza, nos nosos areais) pero tamén en apeiros de pesca que se degradan nas praias e que en ocasións poden seguir provocando morte entre as diferentes especies.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

“Blindar a vivenda” – José Manuel Pena

Está moi ben tratar de blindar na Constitución Española, que todas as pensións (de xubilación, invalidez, viuvez, en favor de familiares,…) se revaloricen, anualmente, segundo o Índice de Prezos ao Consumo; que se incremente, anualmente, o Salario Mínimo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.