Aprobado o calendario laboral de 2027 co 19 de marzo e o 17 de maio como festivos propios de Galicia

15 Xuño 2026

O Consello da Xunta aprobou o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración polo que se fixa o calendario laboral de Galicia para o ano 2027, no que se establecen como festivos propios o 19 de marzo, día de San Xosé, e o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Festivos Galicia 2027, os que hai que engadir pos dous locais pendentes de aprobar polos concellos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que a normativa estatal establece un total de 14 festivos anuais retribuídos e non recuperables, dos cales dous son determinados polos concellos. Dos 12 restantes, nove son de carácter obrigatorio e só poden ser substituídos cando coinciden en domingo.

En 2027 dáse esta circunstancia co 15 de agosto, festividade da Asunción da Virxe, que cae en domingo, polo que Galicia opta por substituílo polo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

No caso dos tres festivos de carácter opcional —Día de Reis, Xoves Santo e a elección entre San Xosé ou o Día Nacional de Galicia—, a comunidade galega mantén tradicionalmente o 6 de xaneiro e o Xoves Santo. En canto ao festivo do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, ao coincidir tamén en domingo no vindeiro ano, a Xunta decide substituílo polo 19 de marzo, día de San Xosé.

Deste xeito, o calendario laboral de Galicia para 2027 inclúe as seguintes datas festivas: 1 de xaneiro (Aninovo), 6 de xaneiro (Día de Reis), 19 de marzo (San Xosé), 25 de marzo (Xoves Santo), 26 de marzo (Venres Santo), 1 de maio (Festa do Traballo), 17 de maio (Día das Letras Galegas), 12 de outubro (Festa Nacional de España), 1 de novembro (Todos os Santos), 6 de decembro (Día da Constitución), 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e 25 de decembro (Natividade do Señor). Ademais destes días, cada concello poderá establecer dúas xornadas festivas de carácter local.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.