A Pobra convida a “Vivir a experiencia” coa programación turística de verán

15 Xuño 2026

A área de Turismo do Concello da Pobra do Caramiñal presentou a programación de actividades para o verán de 2026, unha proposta que, baixo o lema Vive a experiencia, convida tanto á veciñanza como ás persoas visitantes a descubrir o municipio a través de experiencias vinculadas ao mar, á natureza e ao patrimonio local.

A programación combina iniciativas xa consolidadas co obxectivo de poñer en valor os recursos turísticos da vila e ofrecer novas formas de achegarse á súa identidade mariñeira e á riqueza paisaxística do territorio.

Entre as propostas destacadas figura o Turismo Mariñeiro, unha iniciativa que permite coñecer de preto a tradición pesqueira e marisqueira que marcou a historia e o desenvolvemento da Pobra do Caramiñal. As saídas realizaranse os días 14 e 28 de xullo e 4 e 18 de agosto, cun preso de 12 euros para as persoas adultas e de 6 euros para menores de 10 anos.

Outra das actividades incluídas na programación é a Ruta do Mexillón en embarcación tradicional, unha experiencia que permite navegar pola ría para descubrir de preto a realidade das bateas e o cultivo dun dos produtos máis representativos da gastronomía galega. A proposta inclúe unha degustación de mexillón e viño da IXP Terra de Barbanza e Iria e desenvolverase en distintas datas durante os meses de xullo e agosto, con saídas ás 11:00 h, 13:00 e 17:00 horas. Ten un custo de 30€ para as persoas adultas mentres que para os menores de 12 anos ten un custo de 18€.

A oferta complétase cos Viaxes en Veleiro, programados durante as fins de semana comprendidas entre o 18 de xullo e o 23 de agosto. Esta actividade ofrece a oportunidade de gozar da navegación pola ría desde unha perspectiva diferente e descubrir a costa pobrense a bordo dun veleiro. O custo desta actividades é de 15 euros por persoa os adultos e de 10 euros os menores de 12 anos.

No ámbito da natureza, a programación inclúe tamén unha Ruta Guiada polo Río das Pedras, prevista para o día 8 de agosto. A actividade estará guiada polo xeógrafo Joaquín Rubal e permitirá descubrir un dos espazos naturais máis singulares do municipio. O percorrido inclúe ademais o desprazamento en microbús ata o Miradoiro de Valle-Inclán, desde onde se pode contemplar unha das panorámicas máis destacadas da ría. A actividade está recomendada para maiores de 12 anos e terá un custo de 15 euros por persoa.

Durante a presentación, a concelleira de Turismo, Estefanía Ramos, explicou que todas estas propostas se enmarcan baixo o lema A Pobra do Caramiñal: Vive a experiencia, unha filosofía coa que o Concello busca que quen visite o municipio non só o coñeza, senón que poida vivilo en primeira persoa.

A edil destacou o valor de actividades xa consolidadas como o Turismo Mariñeiro e os Viaxes en Veleiro, así como a boa acollida acadada pola Ruta do Mexillón en Embarcación Tradicional, posta en marcha o pasado ano. Segundo sinalou, esta iniciativa permitiu achegar ás persoas participantes á realidade das bateas e ao cultivo do mexillón, un dos símbolos da ría.

Ramos tamén salientou a Ruta Guiada polo Río das Pedras, unha proposta diferente que permite descubrir un dos espazos naturais máis singulares do concello e que remata no Miradoiro de Valle-Inclán, desde onde se poden contemplar unhas vistas privilexiadas da contorna.

As inscricións para todas as actividades poden formalizarse na Oficina de Turismo da Pobra do Caramiñal, situada na Casa Mariñeira, no parque do Castelo, así como a través do correo electrónico turismo@apobra.gal e dos teléfonos habilitados para este servizo.

Baixo o lema Vive a experiencia, A Pobra do Caramiñal propón este verán unha programación que combina mar, natureza, patrimonio e tradición para ofrecer experiencias auténticas a todas aquelas persoas que desexen descubrir o municipio desde dentro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.