A Escola de Música de Rois inicia un novo intercambio viaxando ata Piloña, en Asturias

11 Xuño 2026

Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois inician un novo intercambio musical, nesta ocasión viaxando o municipio asturiano de Piloña, no que ofrecerán un concerto coa Escola de Música El Ablanu coincidindo coa celebración das festas de Santo Antonio en Infiesto.

O alcalde de Rois acudiu este xoves 11 de xuño ata o multiúsos para despedir a comitiva, encabezada pola concelleira de Cultura, Victoria Quiroga; polo director da ESMU, Manuel Villar, e pola xestora cultural Anayansi Singh.

Ramón Tojo volveu insistir na importancia de que o alumnado de Rois participe nestes intercambios musicais “que lles permiten coñecer outras culturas e ampliar o seu aprendizaxe musical”. Para este intercambio, o grupo leva ensaiando todo este curso.

O alcalde acudiu tamén ao último ensaio do grupo, celebrado este mércores 10 de xuño no Auditorio Municipal. Antes de interpretar diante de familiares e amizades o repertorio que tocarán en Asturias, Manuel Villar agradeceu a aposta que fai o Concello pola ESMU e por manter estes intercambios. “Viaxar coa escola e traballar co alumnado é un orgullo e sempre merece a pena. Para participar, todos traballamos máis, ensaiamos máis e aprendemos novo repertorio”, asegurou o director, que agarda que pronto poidan ofrecer un concerto durante as festas do Santo Isidro.

Neste novo intercambio da Escola Municipal de Música de Rois participan 11 alumnos e alumnas, así como tres profesoras, ademais do director, acompañados por Victoria Quiroga e Anayansi Sing.

Tras a chegada este mediodía a Piloña serán recibidos pola directora da Escuela de Música El Ablanu, Patricia Miriam Martínez, xunto con alumnado e profesorado da escola, que os acompañarán a coñecer a contorna.

Este intercambio coincide coas festas de Santo Antonio en Infiesto, o que lle permitirá ao grupo coñecer polo miudo as tradicións deste municipio asturiano.

Mañá, venres, ás sete da tarde a Agrupación instrumental da ESMU de Rois ofrecerá un concerto no que interpretará catro temas: Mamma Mia, It’s My Life, Cando caia o sol e o tema das Tanxugueiras Hoxe, mañá e Sempre. Os arreglos musicais para esta actuación foron realizados por Gabriel Miguéns (os dous primeiros) e por Xiao Berlai.

O concerto rematará coa actuación conxunta das dúas agrupacións (Rois e Piloña), que tocarán Miña terra galega o tema tradicional asturiano La rapacina.

A comitiva aproveitará a fin de semana para coñecer tamén Oviedo, Covadonga e Cangas de Onís, ademais de poder gozar nas festas patronais de Piloña.

Este intercambio en Asturias súmase aos que xa promoveu o Concello de Rois coa ESMU en Venecia, Hungría, Letonia e Portugal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.