A CIG denuncia a redución da vixilancia nos portos

16 Xullo 2019

20190716. A CIG vén de denunciar que Portos de Galicia “reduce ou mais ben elimina a vixianza en moitos portos de competencia autonómica.” Isto fundaméntano en que a orde de servizo emitida polo xa ex-director do ente público, José Ignacio Villar García, fai que os celadores-gardamuelles itinerantes se despracen unicamente os días e horas que marca o cadro de frecuencias de Portos, reducíndose a súa actividade considerablemente.

Desde o sindicato non entenden esta decisión “porque a vixianza é unha función e competencia do ente público que, no canto de ordenala, o que está facendo é eliminándoa ou reducíndoa á súa mínima expresión.”

Tal e como expresou a CIG, o Consello de Contas da Xunta de Galicia xa emitiu informes neste sentido “subliñando a escaseza de medios persoais e materiais nas instalacións portuarias, que son o foco da actividade do ente, denunciando unha estrutura piramidal invertida con todas as características dun chiringuito.”

Por outra banda, a Lei de Portos de Galicia establece como unha das funcións do director “velar polos ingresos da entidade.” O sindicato manifesta que destes traballadores “depende bastante parte da recadación de taxas, vixiando que as ocupacións de superficie, atraques e depósito de embarcacións, subministracións, etc., estean autorizados e abonen a correspondente taxa portuaria.” Deste xeito, cualifican esta decisión de “surrealista, xa que estes ingresos veranse seriamente reducidos.”

Así mesmo, consideran que detrás desta resolución podería estar “reducir os gastos de dietas e desprazamento dos guardamuelles, en detrimento da calidade do servizo, da vixianza e seguridade das instalacións e dos servizos aos usuarios.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.