O BNG de Lousame recolle as demandas das familias usuarias do programa Concilia e reclama melloras no servizo

09 Xuño 2026

O BNG de Lousame mantivo unha reunión con nais e pais afectados polo programa Concilia, que se desenvolverá durante os meses de verán no CPI Cernadas de Castro, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas necesidades e trasladar propostas orientadas á mellora deste servizo municipal.

No encontro, celebrado o pasado 8 de xuño, as familias expuxeron diversas demandas relacionadas co funcionamento do programa, especialmente en materia de conciliación laboral e familiar. Segundo trasladou o grupo nacionalista, unha das principais reivindicacións consiste na ampliación do horario de inicio ata as 7:30 horas da mañá mediante a creación dun servizo de madrugadores que facilite a organización das xornadas laborais das familias usuarias.

Outra das cuestións abordadas foi a necesidade de aumentar o número de prazas dispoñibles. O Concello ofertou un total de 40 prazas para esta edición do programa, unha cifra que, segundo o BNG, resulta insuficiente para dar resposta á demanda existente.

O portavoz nacionalista, Anxo Moledo, tamén cuestionou a decisión do Goberno municipal de limitar a participación exclusivamente ao alumnado empadroado en Lousame. Desde a formación consideran que esta medida deixa fóra a nenos e nenas que, aínda estudando nos centros educativos do municipio, residen noutras localidades próximas.

Segundo explicou Moledo, esta restrición supón unha discriminación por razón de residencia que afecta a menores plenamente integrados na comunidade educativa local. O portavoz nacionalista defendeu a necesidade de revisar os criterios de acceso para garantir unha maior igualdade de oportunidades.

O BNG cualificou a reunión como positiva e destacou a importancia de manter unha comunicación fluída coas familias e coa ANPA do CPI Cernadas de Castro para coñecer de forma directa as necesidades existentes e adaptar os servizos públicos ás demandas reais da veciñanza.

Os nacionalistas consideran que as políticas de conciliación deben responder ás circunstancias concretas das familias e apostan por reforzar e ampliar este tipo de programas no ámbito rural. Neste sentido, aseguraron que continuarán traballando para impulsar melloras nos servizos municipais dirixidos á infancia e ás familias de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.